miércoles, 19 de diciembre de 2012

Cambio no xurado

Hola a todo o mundo! Coa vista posta no día de mañá, temos que anunciarvos un pequeno cambio. Debido a cuestións de loxística que escapan ó noso control (está ben, admitímolo, non somos perfectos) vémonos obrigados a facer un cambio no xurado. Julio Gómez, produtor de concertos e eventos como o SINSAL, tomará o lugar de Paulino Domínguez.
Namentres, nós seguimos fotocopiando, imprimindo, montando, subindo, bajando, transportando, comprando, probando e mil cousas máis que non entenderíades. Amigos, isto xa ferve, e mañá poderedes comprobalo de primeira man.

Ademáis, lembrade que os chicos de Baldosa Amarilla porán o estallido de enerxía final no Panxorock. Tralo concurso de bandas, o monólogo de César Cambeiro, a rosca gratis e os premios para o público... concerto de Baldosa Amarilla! Debaixo, o videoclip dun dos seus temazos: 'Desequilibrio'



PANXOROCK: 20 de decembro, IES Audiovisual de Vigo (Bouzas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario