miércoles, 19 de diciembre de 2012

Cambio no xurado

Hola a todo o mundo! Coa vista posta no día de mañá, temos que anunciarvos un pequeno cambio. Debido a cuestións de loxística que escapan ó noso control (está ben, admitímolo, non somos perfectos) vémonos obrigados a facer un cambio no xurado. Julio Gómez, produtor de concertos e eventos como o SINSAL, tomará o lugar de Paulino Domínguez.
Namentres, nós seguimos fotocopiando, imprimindo, montando, subindo, bajando, transportando, comprando, probando e mil cousas máis que non entenderíades. Amigos, isto xa ferve, e mañá poderedes comprobalo de primeira man.

Ademáis, lembrade que os chicos de Baldosa Amarilla porán o estallido de enerxía final no Panxorock. Tralo concurso de bandas, o monólogo de César Cambeiro, a rosca gratis e os premios para o público... concerto de Baldosa Amarilla! Debaixo, o videoclip dun dos seus temazos: 'Desequilibrio'



PANXOROCK: 20 de decembro, IES Audiovisual de Vigo (Bouzas)

martes, 18 de diciembre de 2012

GRUPOS SELECCIONADOS PARA CONCURSAR NO PANXOROCK


Chegou o día, despois de escoitar tódalas estupendas versións das panxoliñas que nos foron chegando o longo deste tempo, hoxe por fin temos os grupos seleccionados para concursar no PanxoRock, son os seguintes:


Néboa

Irmandades do Falo

 Léxiko & Crespo

Os Vacalouras

Noraboa os grupos seleccionados, e moitas gracias a tódolos grupos por quereren participar.



martes, 11 de diciembre de 2012


Prolóngase o prazo de inscrición

Moi bos días. Dende as oficinas do Panxorock podemos asegurarvos que estamos a tope de traballo. Estamos a cocinar un festival do máis flipante e por iso queremos dar a oportunidade de participar ó maior número de xente posible. Agora que saímos en Vigo Low Cost e no xornal, que temos moitos seguidores en Facebook e que, en definitiva, somos "popus", temos a oportunidade perfecta para chegar a un maior número de persoas. Polo tanto, anunciamos:

O prazo de inscrición no concurso queda aberto ata o 17 de decembro

Onde fixestes un bolo no que andaba Tonhito de Poi ou Coral Alonso por alí adiante? Nun teatro completamente equipado e petado de xente? E ademáis, se a cousa vos sae ben poderedes gañar:

1. Premio do xurado
Gravación de maqueta nos Estudios Metrópolis/IES Audiovisual de Vigo.
Gravación dun videoclip profesional para a canción elexida polo grupo.


2. Premio do público
Cesta de nadal cos seguintes produtos:
- Tarxeta de son
- Pedal de efectos para guitarra eléctrica
- Kit de baquetas

Non sexades parvos, podería ser o voso salto cara a fama! As bases de concurso, aquí

viernes, 7 de diciembre de 2012

Hoxe estamos mediáticos. O equipo do Panxorock vaise facendo famoso e esta vez un dos nosos xefes de Promoción aparece no xornal 'De luns a vernes'.





Hoxe os nosos amigos de Vigo Low Cost adícannos un espazo na súa marabillosa web. Xa sabedes, o 20 de decembro tedes unha cita no IES Audiovisual de Vigo.




lunes, 3 de diciembre de 2012